top of page

REQUINTA de PVC 

Sonoridad

NON HAI RON 

Canción con requinta

a varias voces

REQUINTA de METAL 

Posibilidades sonoras

Requintas

​

A requinta é un instrumento de vento versátil, que nos permite xogar con diferentes sonoridades e volúmenes. Inicialmente poden estar en diferentes tonalidades como Sol ou Fa, permitindonos así tocar nas súas escalas relativas para poder tocar coas gaitas(Do) e (Si b).

​

As requintas do noso taller son unhas frauta traveseira (neste caso sen chaves) fabricadas en diferentes materiais:

​

Metal: nos permite un son moi limpo e redondo e con moito volumen e unha sonoridade moi agradable. Ten un tacto agradable e vai protexida cunha funda de coiro.

​

PVC: é un instrumentos todo terreo que o resiste todo, xa que se pode mollar, se pode caer, se pode levar de festa, a praia, nun bolso, na mochila, e cunhas cualidades sonoras espectaculares para ser un tubo de plástico. Ten tamén moito volumen e moito corpo.   

​

Canaveira ou bambú: o tacto da cana é cálido e agradable, esteticamente son frautas que nos teletrasportan a outros tempos ou que nos evocan outras formas culturais máis ancestrais. O bambú ten un son envolvente moi agarimoso, moito máis perecido ao da madeira, pero ao ser un elemento natural sofre máis os cambios de temperatura, e necesita unha posta a punto máis seria para alcanzar un grado de humedade apropiado para sonar absolutamente compensada nas súas duas escalas. 

​

Requintas

 2017 - Simón Piñón - simonpinhon@gmail.com / +34 625130009

  • facebook-square
  • SoundCloud Social Icon
  • google-plus-square
bottom of page