top of page

Durante o espectáculo presentaranse diferentes instrumentos como a frauta de bambú, os bugallos, a requinta, a gaita de palla, a zanfona, a gaita de fol, o mexacán, as cunchas, o latón, e moitos máis.

 

Nome do Espectáculo: “O Gaiteiro Bucólico”

Espectáculo de teatro: Infantil ou familiar.

Estilo: concerto didáctico con música en directo.

Duración: 50 minutos aprox.

Público : dende 4 a 105 anos.

Espazo:: 5 m x 4 m.

Idioma: galego.

 

Compañía - YAZABRO (2015)

 

O Gaiteiro Bucólico

 

 

 

 

 

 

O Gaiteiro Bucólico, é unha peza de teatro familiar na que Pedro, o tátara neto do mesmo “Gaiteiro Bucólico” narra a lenda do seu tátara avó, un gaiteiro de moita sona que dedicou a súa vida a percorrer as romerías, festas e feiras recompilando e compartindo cancións, cantigas e melodías facendo así unha labor sociocultural moi importante. Agora Pedro, ademais de herdar o gusto pola música do seu antepasado, tamén herdou unha morea de instrumentos musicais, trebellos, partituras e libros antigos, qu el mesmo decidiu amañar, para facelos soar ao tempo que conta a historia do seu avó dende que era un neno de aldea, ata que se converteu nun importante musicólogo.

 

Trátase dun concerto didáctico arroupado por unha posta en escena teatral, na que os espectadores disfrutarán dun espectáculo que mostra de forma básica a evolución de instrumentos tradicionais como a gaita, a zanfona, a requinta. Instrumentos, que nacen doutros instrumentos máis pobres como as frautas de palla de centeo, o bugallo, ou a folla de hedra.

​

Espectáculo musical e interactivo no que se presenta un abano grande de instrumentos musicais, moitos de elaboración propia.

Dosier Gallego
bottom of page